• Home
  • pdq1
  • pdq4
  • cor
  • hab
  • ter
  • pla
  • pdq1
  • pdq4
  • cor
  • hab
  • ter
  • pla

Inicio

Buscas tranquilidade? erguerte co arrecendo do mar? es dos que goza comendo? Ou dos que lle gustan as eternas sobremesas mirando ó mar? Este é o teu sitio!
Para iso contamos cun Hotel pequeno e familiar e dous comedores mirando a Praia de Quenxe en Corcubión. Como din as xentes de aquí…
“Corcubión es un capricho”

Restaurante

O noso servizo de restaurante adaptase a ti e o que nos propoñas, contamos con dous comedores, ambos con inmellorables vistas a praia. Tamén ofrecémoste a posibilidade de montar unha carpa no exterior con aforo para 150 persoas perfecta para grandes acontecementos con arrecendo a mar.

Hotel

Contamos con oito habitacións das cales sete teñen vistas ó mar. Tratase dun Hotel moi tranquilo a escasos 20m da praia e a 500m do centro do pobo. Diriamos que é un Hotel perfecto para pararse a descansar e dende aquí visitar a Costa da Morte.

Costa da Morte

A Costa da Morte é unha rexión costeira na provincia de A Coruña que abarca dende o Cabo Fisterra ata Carballo.A costa está salpicada de belos paisaxes e praias como Traba, Ariño, Laxe, Mar de Fora e Rostro.

A Nosa Carta

Na nosa cociña entran cada día produtos de tempada directamente das lonxas e mercados da Costa da Morte. O único que intentamos é non darlle moitas voltas para non estragar o marabilloso produto que temos nesta zona.

Eventos

Somos un equipo composto por xente moza que lle gusta o seu traballo e intenta mellorar e aprender día a día, por iso non paramos de investigar e propor novas actividades gastroculturais. Invitamoste a que nos acompañes y aprendamos xuntos.